A rede municipal de micropaisaxes do Concello de Cabanas é unha selección de pequenos lugares, algúns recunchos case imperceptibles, que agochan singulares valores patrimoniais, arquitectónicos, paisaxísticos ou medioambientais.

Os quince recursos escollidos agrúpanse en tres grandes conxuntos: as paisaxes costeiras, o patrimonio construído de Cabanas e o Parque Natural das Fragas do Eume.